facebooktwittertwitter
actividades
Fundación Olga Gallego

Xornadas de arquivos


A Fundación Olga Gallego pretende contribuír ao cumprimento dalgúns dos seus obxectivos coa creación dun espazo de diálogo permanente con profesionais de Galicia, o resto de España, Portugal e América Latina, que facilite o intercambio de pensamento e de experiencias sobre temas arquivísticos de actualidade. Unha das formas que adoptará ese intercambio será a celebración dunhas xornadas de arquivos con carácter bianual. As últimas celebradas tiveron lugar na Coruña os días 26 e 27 de outubro de 2018. Consulte as actas nesta mesma páxina.