facebooktwittertwitter
actividades

Fallo da V edición do Premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos (2023)

8 de marzo de 2023

 

 

O xurado da V edición do Premio Olga Gallego de Investigación en arquivos acordou por unanimidade, en sesión deliberativa celebrada o día 1 de marzo de 2023, declarar o premio deserto.

Integraron o xurado, presidido por Rosa Martín Rey (Gerencia Territorial del Catastro. Lugo), as seguintes persoas:

- Cristiana Freitas (Arquivo Municipal de Ponte de Lima).

- Rafael de Lucas Vegas (Archivo Histórico Provincial de Guadalajara).

- Jesús Rey Modia (Arquivo Municipal de Lugo).

PREMIO OLGA GALLEGO DE INVESTIGACIÓN EN ARQUIVOS

Convoca: Fundación Olga Gallego

Bases:

Obxecto

Este premio ten por obxecto destacar, impulsar e difundir traballos sobre investigación en Arquivos.

Lingua dos traballos:

Galego, castelán e portugués.

Destinatarios:

Persoas tituladas universitarias (diplomados, licenciados, graduados, titulados de mestrados e doutores) nos últimos 5 anos que sexan menores de 35 anos.

Premio

Concederase un só premio de 2000€, cantidade sobre a que se realizará a correspondente retención fiscal. O traballo publicarase na páxina web da Fundación e pasará a formar parte do fondo documental da  propia Fundación.

O premio será único e non compartido, aínda que se poderán declarar mencións honoríficas, sen consignación económica ningunha. Os traballos mencionados tamén se publicarán na web da Fundación e pasarán a formar parte do seu arquivo.

A Fundación Olga Gallego expedirá o correspondente diploma acreditativo da obtención do premio e, de ser o caso, da mención ou mencións honoríficas que se declarasen.

Condicións:

Os traballos deberán:

  • Adaptarse ao obxecto deste premio.  En concreto, consistirán en achegas teóricas sobre: tratamento arquivístico (identificación, valoración, organización, descrición), custodia, acceso, difusión e historia da Arquivística, dos arquiveiros, das arquiveiras e dos arquivos, e constarán de: obxectivos, metodoloxía empregada, desenvolvemento e conclusións; bibliografía e fontes documentais consultadas (se é o caso), así como do aparello crítico correspondente. Poden recoller gráficos ou ilustracións.

  • Ser orixinais e inéditos, non premiados nin mencionados noutros premios nin pendentes doutros fallos. Cada participante só poderá presentar un traballo por edición. Para estes efectos, a publicación do traballo en repositorios académicos ou institucionais non se considerará excluínte. As persoas aspirantes deberán declarar de forma expresa que cumpren este requisito.

  • Ter unha extensión máxima de 200 páxinas e mínima de 50, numeradas incluídas notas, gráficos, apéndices. As ilustracións considéranse á parte. O tipo de letra será Arial 12 con interliñado 1,5 para o texto e Arial 10 para as notas e o formato será PDF.

Envío:

  • Os traballos que opten ao premio enviaranse exclusivamente por correo electrónico, como documento adxunto ao seguinte correo da Fundación: fundacion@fundacionolgagallego.gal. Posteriormente a Fundación enviará de forma anónima os traballos ao xurado.

  • As persoas participantes poderán enviar os seus traballos dende calquera conta de correo electrónico. Se desexan garantir o anonimato, non só na corrección senón tamén na participación deste premio, deberán empregar un enderezo de correo que non as identifique, pudendo empregar un lema identificativo que non inclúa ningún dato persoal.

  • Os autores e autoras  non enviarán á Fundación  ningún dato persoal ata que lle sexa solicitado por esta.

Xurado:

Será designado polo Padroado da Fundación e estará integrado por 5 persoas pertencentes ao ámbito da arquivística  e dos Arquivos. Ningún membro do Padroado da Fundación participará no xurado nin nas deliberacións. O nomeamento dos membros do xurado farase público cando estea pechado o prazo de presentación dos traballos.

Criterios de valoración e puntuacións:

Os traballos puntuaranse de 0 a 25 puntos para o que se terán en conta os seguintes criterios:

  • O marco teórico: ata cinco puntos

  • A metodoloxía: ata cinco puntos

  • A coherencia interna: ata cinco puntos

  • A novidade temática: ata cinco puntos

  • A relevancia da achega: ata cinco puntos

O xurado valorará os traballos de forma anónima

Fallo do xurado e comunicación e entrega do premio:

O fallo do xurado será inapelable.

Inmediatamente despois de que se falle o premio ou posibles mencións honoríficas, a fundación requirirá os datos identificativos dos autores e autoras. Nese momento, a Fundación remitirá á conta de correo que enviou o traballo gañador, a notificación de que obtivo o premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos.

De ser o caso, seguirase o mesmo procedemento cos traballos que recibisen mención honorífica.

A entrega do premio e/ou das mencións honoríficas farase no mes seguinte ao fallo do xurado e non implicará gastos para a Fundación.

Os traballos non premiados nin mencionados serán destruídos, sen que caiba reclamación ou solicitude de devolución. O premio poderase declarar deserto .

Obrigas das persoas participantes:

A presentación deste premio supón para as persoas participantes:

  • Permitir a publicación, reprodución, distribución e comunicación. pública na páxina web da Fundación dos traballos premiado e mencionados. Este compromiso non implica a cesión nin a limitación dos dereitos de propiedade intelectual das persoas autoras dos traballos.

  • Garantir que son propietarias e que dispoñen libremente de todos os dereitos de explotación.

En calquera caso, a presentación a esta convocatoria de premio supón o coñecemento e conformidade con estas bases.

Protección de datos

A Fundación garante que os datos de carácter persoal que se proporcionen serán tratados de acordo coa normativa vixente sobre esta materia.

Cancelación ou imprevistos

A Fundación Olga Gallego resérvase o dereito de cancelar o premio. Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola Fundación.

Traballos premiados

Premio de investigación "Olga Gallego" 2021
Traballos premiados
Jonas Ferrigolo Melo, Arquivamento dos websites do Goberno Federal Brasileiro: preservação do domínio GOV.BR
Premio de investigación "Olga Gallego" 2019
Traballos premiados
Diego Gómez-Aller Andrés, O patrimonio documental sindical na Galiza: un percorrido a través dos seus fondos arquivísticos
Premio de investigación "Olga Gallego" 2017
Traballos premiados
Isabel Medrano Corrales, Publicación de datos abiertos a partir de documentos administrativos: un paso hacia la transparencia. El caso de los expedientes de contratación en el área de transporte
Mencións honoríficas
Rita Luís Sampaio da Nóvoa, O Arquivo Gama Lobo Salema: arqueologia e representações arquivísticas
Premio de investigación "Olga Gallego" 2015
Traballos premiados
Ana Margarida Dias da Silva, O uso da Internet e da Web 2.0 na difusão e acesso à informação arquivística: o caso dos arquivos municipais portugueses
Mencións honoríficas
Andrea Rovira Bordonau, El sistema de gestión documenal actual adaptado a la realidad de los archivos del Próximo Oriente antiguo
Catarina Serafim, Os arquivos de músicos: uma abordagem à luz do arquivo pessoal de Alfredo Keil