facebooktwittertwitter
actividades
Xornada sobre arquivos privados de persoas e familias: unha ollada á Fundación Penzol

Xornada sobre arquivos privados de persoas e familias: unha ollada á Fundación Penzol

Vigo
27 de outubro de 2017

Dirixida a persoal técnico de arquivos, investigadores/as, estudantes e público interesado.

 

Os arquivos ou fondos familiares poderíamos entendelos como o resultado da acumulación de arquivos de arquivos de persoas con vínculo de parentesco, aínda que con características diferentes. Hoxe recoñécese a súa naturez orgánica e o seu tratamento específico e diferenciado ten levado á aparición dunha arquivística especializada. O seu contido ofrécese polas institucións da memoria (arquivos, bibliotecas e museos) a historiadores, biógrafos e investigadores. Nesta xornada varios especialistas de Navarra, Portugal e Galicia van presentar unha panorámica da situación destes arquivos a través de casos concretos.

Inscrición gratuíta:

644 408 913

fundacion@fundacionolgagallego.gal

T.: 986 226 459

direccion.penzol@vigo.org

PROGRAMA

9.30 h

Inauguración

  • Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol
  • Pedro López Gómez, presidente da Fundación Olga Gallego
  • Abel Caballero Álvarez, alcalde de Vigo

9.45 h

Presentacións

  • Fundación Olga Gallego, por Pedro López Gómez
  • Fundación Penzol, polo seu director, Francisco Domínguez

10.05 h

Visita ás instalacións da Fundación Penzol e mostra dalgúns fondos destacados

10.35 h

Os arquivos familiares e persoais en Navarra e Portugal (presenta e modera Carmen Pérez Pais)

  • Intervención de Inés Irurita: "Os fondos persoais e familiares do Arquivo Xeral da Universidade de Navarra"
  • Intervención de Abel Rodrígues: "Os arquivos pessoais e familiares em Portugal entre dous paradigmas: da teoría à prática"
  • Coloquio

11.50 h

  • Pausa café

12:20 h

Os arquivos familiares e persoais en Galicia (presenta e modera Francisco Domínguez)

  • Intervención de Gabriel Quiroga Barro: "Arquivos familiares e persoais do Arquivo do Reino de Galicia"
  • Intervención de María Dolores Cabrera Iglesias: "Os arquivos privados da Fundación Penzol e a memoria do galeguismo"
  • Coloquio

13.35 h

Entrega do II Premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos

13.45 h

Clausura

  • Pedro López Gómez, presidente da Fundación Olga Gallego

  • Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol