facebooktwittertwitter
actividades
Fundación Olga Gallego

III Encontro da Fundación Olga Gallego. Os arquivos familiares: sumando miradas

  • Os arquivos familiares: sumando miradas

  • Ciclo de conferencias virtuais: do 20 de maio ao 10 de xuño de 2021.

Este ano, debido á pandemia do Covid-19, preparamos un novo formato na celebración do III Encontro da Fundación Olga Gallego. Coa colaboración da arquiveira Susanna Muriel, non quixemos deixar pasar a ocasión de encontrármonos con novos especialistas e buscar outros puntos de encontro, así como avanzar profesionalmente cunha visión máis ampla en todos os ámbitos relacionados cos Arquivos Familiares, aqueles conxuntos custodiados na casa polos seus produtores e unidos fisicamente á súa significación emocional.

 

Trátase dun ciclo de conferencias virtuais que recolle as miradas de 14 expertos arredor dos arquivos familiares. Arquiveiros, historiadores, xenealoxistas, fotógrafos, coleccionistas, deseñadores, artistas gráficos e pintores que coa súa obra poñen en valor e ofrecen unha aposta innovadora no campo do estudo da imaxe familiar.

 

Obxectivo principal: fomentar os traballos arquivísticos especializados e de creación artística contemporánea ao redor dos arquivos familiares.

 

O encontro proponse como un espazo aberto, inclusivo e transversal para calquera persoa interesadas nestes temas. Encontro plural que identifica os arquivos familiares ampliando as aproximacións cara a imaxe de quen a observa, quen a le, quen a interpreta, quen a custodia e quen se apropia nun tráfico de usos que abre o horizonte deste tipo de imaxes.

 

 

DATAS

20 e 27 de maio, 3 e 10 de xuño 2021

De 17:00h a 19:30h

Programa  

 

Xoves, 20 de maio

Bloque 1: O traballo dos arquiveiros especialistas

 

17:00 h

Presentación do ciclo e inicio das conferencias

17:30 h

Entre os arquivos familiares e a memoria persoal. A experiencia do Arquivo Histórico Provincial de Huesca. 

Juan José Generelo Lanaspa

Archivo Histórico Provincial de Huesca

18:00 h

Os arquivos de familia e o estudo do fenómeno vincular en Portugal

Rita Luís Sampaio da Nóvoa

Instituto de Estudos Medievais-NOVA FCSH (Lisboa, Portugal)

 

 

18:30 h 

 

A narración visual da fotografía familiar

Susanna Muriel Ortiz

Arquiveira independente especializada en Patrimonio fotográfico e fotografía familiar

 

 

19:00 h

Preguntas dos participantes e debate

Xoves 27 de maio

Bloque 2: O uso dos arquivos familiares polos artistas visuais

 

 

17:00 h

 

Presentación dos conferenciantes

 

17:30 h

O factor emocional de documentar o esquecemento. Mutilar fotografías, testamentos e cartas de amor como proxecto artístico

Tatiana Abellán

Artista visual. Profesora asociada da Facultade de Belas Artes da Universidade de Murcia.

 
18:00 h

Xenealoxía mural. Investigación e práctia pictórica no espazo público.

Miquel Wert

Artistas e profesor asociado do Departamento de Artes e Conservación-Restauración da Universidade de Barcelona

 

18:30 h

Filias e irmás

Susana Blasco

Deseñadora gráfica, ilustradora e collaxista

19:00 Preguntas dos participantes e debate

Xoves 3 de xuño

Bloque 3: As fontes de investigación nos arquivos familiares

17:00 h Presentación dos conferenciantes
17:30

Chegar antes que o camión do lixo

James Fernández

Catedrático de Literatura e Cultura Españolas New York University (NYU) e director de NYU Madrid

Luis Argeo

Xornalista e director de cine documental

18:00

Os arquivos fotográficos familiares na Colección Fernández Rivero

Mª Teresa García Ballesteros e Juan Antonio Fernández Rivero

Colección Fernández Rivero

18:30 h

O Arquivo da Emigración Galega e a memoria colectiva: os arquivos familiares como fonte de información e análise do fenómeno migratorio

Carolina García Borrazás

Arquivos da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega

19:00 h Preguntas dos participantes e debate

Xoves 10 de xuño

Bloque 4: Os arquivos familiares en primeira persoa

17:00 h

Presentación dos conferenciantes
 

17:30 h

Elementos para unha crónica familiar

Pedro López Gómez

Catedrático de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña. Presidente da Fundación Olga Gallego





 
18:00 h

Camiñando sobre pegadas invisibles. Refotografías do álbum familiar

Ricard Martínez

Artista visual e historiador da Fotografía. Arqueologia del Punt de vista

18:30 h

O Arquivo da Casa de Mirapeixe. Comentaros arredor da súa formación, contido e permanencia.

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés

Profesor de investigación de PPIs e director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela)

19:00 Preguntas dos participantes e debate. Conclusión das xornadas

 

 

Sitio web

 

Vídeos

 

Vídeos das intervencións:

  1. Presentación: Pedro López Gómez (20 de maio de 2021)

  2. Juan José Generelo Lanaspa (20 de maio de 2021)

  3. Rita Luis Sampaio da Nóvoa (20 de maio de 2021)

  4. Susanna Muriel Ortiz (20 de maio de 2021)

  5. Debate: o traballo dos arquiveiros especialistas (20 de maio de 2021)

  6. Tatiana Abellán (27 de maio de 2021)

  7. Miquel Wert ( 27 de maio de 2021)

  8. Susana Blasco (27 de miao de 2921)

  9. Debate: O uso dos arquivos familiares polos artistas visuais (27 de maio de 2021)

  10. James D. Fernández e Luis Argeo (3 de xuño de 2021)

  11. Mª Teresa García Ballesteros e Juan Antonio Fernández Rivero (3 de xuño de 2021)

  12. Carolina García Borrazás (3 de xuño de 2021)

  13. Debate: As fontes de investigación nos arquivos familiares (3 de xuño de 2021)

  14. Pedro López Gómez (10 de xuño de 2021)

  15. Ricard Martínez (10 de xuño de 2021)

  16. Eduardo Pardo de Guevara (10 de xuño de 2021)

  17. Debate: os arquivos familiares en primeira persoa. Conclusión (10 de xuño de 2021)

 

 

Comité organizador

 

Pedro López Gómez

Isabel Buján Bernárdez

María del Mar García MIraz

Olimpia López Rodríguez

María Dolores Pereira Oliveira

Gabriel Quiroga Barro

 

Susanna Muriel Ortiz