facebooktwittertwitter
actividades

V Xornadas da Fundación Olga Gallego. Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos.

  • Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos.

  • V Xornadas da Fundación Olga Gallego: 23 e 24 de novembro de 2023.

No ano en que se cumpren 100 do nacemento de Olga Gallego, a fundación que leva o seu nome quere conectar co espírito vangardista que sempre demostrou Olga cos novos retos que os profesionais e a sociedade en xeral debemos afrontar nos próximos ano. Retos como a Intelixencia Artificial, unha nova conceptualización dos arquivos que os abra á toda a sociedade para facelos máis inclusivos; os arquivos e as mulleres ou os arquivos e a memoria democrática. 

O programa que elaboramos busca integrar perspectivas externas e internas ao fenómeno arquivístico arredor destes temas, na procura dunha visión o máis aberta posible.  E ninguén mellor para abrilo que a figura dun especialista de prestixio internacional como Geoffrey Yeo, que ten reflexionado ampliamente sobre diversas cuestións relacionadas coa xestión documental ou a natureza e a conceptualización dos documentos e dos arquivos nuns contextos inestables e fluídos como os actuais, entre outros moitos temas que ten abordado nas súas investigacións.

A súa visión sobre os arquivos e a Intelixencia Artificial terá o seu contrapunto na que achegue, desde fóra do mundo arquivístico, Amparo Alonso Betanzos, catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña; e, desde dentro, Lluís-Esteve Casellas i Serra, membro do Team Catalonia de Interpares.

Guillermo Pastor Núñez, Manuel Torres Cubeiro e Laura Pelayo González reflexionarán sobre unha nova conceptualización dos arquivos dende ámbitos tan distintos como a propia Arquivística, a Filosofía ou a Arte, respectivamente.

Os avances e desenvolvementos da Arquivística feminista serán examinados por María del Olmo Ibáñez, Núria Jornet Benito e Olimpia López Rodríguez.

Finalmente, Henar Alonso e María Jesús Souto Blanco abordarán nos seus relatorios outro tema tan actual como o dos arquivos e a memoria democrática desde a perspectiva dos propios arquivos e dos investigadores, respectivamente.

 

DATAS

23 e 24 de novembro de 2023. 

Programa  

Día 23

 

 

9:30

Recepción de documentación

 

9:45

Inauguración

 

10:00

Presentación do libro "Publicacións de Olga Gallego no centenario do seu nacemento (1923-2023). 1. A Fundación Penzol: Libro do centenario".

 

10:30

Conferencia inaugural:

A conceptualizar os arquivos nun mundo de Intelixencia Artificial

 

Geoffrey Yeo.

University College London.

11:30

Pausa café

 

Primeira sesión: Arquivos e intelixencia artificial

12:00

O reto da intelixencia artificial

Amparo Alonso Betanzos. Universidade da Coruña.

12:45

Intelixencia artificial e arquivos

Lluís-Esteve Casellas Serra. Ajuntament de Girona

13:30

Debate

 

14:00

Fin da primeira sesión

 

 

Segunda sesión: Cara a unha nova conceptualización dos arquivos?

 

16:30

Conceptualización dos arquivos dende a Arquivística

Guillermo Pastor Núñez.

Archivo General de la Defensa.

17:15

Conceptualización dos arquivos dende a Filosofía

Manuel Torres Cubeiro. Universidade de Santiago  de Compostela

18:00

Conceptualización dos arquivos dende a Arte

Laura Pelayo González.

Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

18:45

Debate

 

19:15

Remate da 2ª sesión

 

Día 24

 

 

 

Terceira sesión: Arquivos e mulleres

 

09:30

Mesa de debate: Olga Gallego, Arquivos e mulleres. Avances, desenvolvementos da arquivística feminista, futuro.

María del Olmo Ibáñez.

Archivo Histórico Provincial de Alicante.

Núria Jornet Benito.

Universitat  de Barcelona.

Olimpia López Rodríguez. Arquivo Territorial de Lugo.

11:00

Presentación dun selo conmemorativo de Olga Gallego pola "Sociedad Filatélica Numismática y Vitolfílica `Miño´".

 
11:15

Comunicacións: 

Os arquivos de institucións, persoas e familias no Arquivo Municipal de Bentanzos: O caso do Arquivo do Liceo Recreativo"

Ángel Arcay Barral

Andrea Riveira López

11:30

Pausa café

 

 

Cuarta sesión: Arquivos e memoria democrática

 

12:00

Investigar sobre a memoria democrática

Tamara López Fernández.

 Universidade de Santiago.

12:45

Memoria democrática e arquivos

Henar Alonso.

Archivo General Militar de Ávila

13:30

Debate

 

14:00

Clausura

 

 

Inscrición

 

Comunicacións

 

Poderán presentarse comunicacións en relación cos temas desenvolvidos no programa e baixo as seguintes normas:

1. Data de presentación dos resumos

O resumo da comunicación (V. infra) poderase presentar ata o 15 de setembro de 2023 para a súa valoración polo comité científico das xornadas.

O comité científico valorará os resumos e determinará se admite a comunicación de acordo cos seguintes criterios:

- Adecuación do tema á temática das xornadas.

- Novidade no enfoque e/ou na metodoloxía aplicada.

- Claridade na exposición dos obxectivos, a metodoloxía aplicada na comunicación e os resultados  obtidos.

- O comité científico comunicará a súa resolución á secretaría da Fundación antes do 30 de setembro de 2023.

2. Data de presentación das comunicacións

As comunicacións aprobadas polo comité científico presentaranse antes do 31 de outubro de 2023.

3. Enderezo de envío

Tanto os resumos como as comunicacións remitiranse ao enderezo electrónico da Fundación Olga Gallego: fundacion@fundacionolgagallego.gal

4. Formato

Os manuscritos deben entregarse en forma de ficheiro electrónico, preferentemente en formato Word.

5. Datos de identificación do artigo

Na primeira páxina indicaranse os seguintes datos do relatorio.

Título e subtítulo, se o houber, do artigo cun tipo de letra Arial en negriña e un tamaño de 14 puntos

Nome da persoa autora, centro de traballo, e dirección de correo electrónico, cun tipo de letra Arial en cursiva e un tamaño de 12 puntos.

Resumo do traballo. O resumo presentarase no idioma que se redacta o texto e en inglés. Cada un deles contará cunha extensión aproximada de 100 palabras, recoméndase indicar os obxectivos, metodoloxía e resultados. Para o texto do resumo utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.

Palabras clave. Tamén no idioma de redacción do texto e en inglés. Recoméndase presentar entre 5 e 10 palabras clave para indizar o texto e facilitar a súa recuperación. Redactaranse en letra Arial cun corpo de 12 puntos, en maiúsculas, separándoas por unha barra precedida e seguida de espazo e un entreliñado sinxelo.

6. Extensión

O tamaño recomendado dun artigo está entre as 5.000 e 6.000 palabras (notas incluídas).

7. Deseño do texto

O texto debe estar xustificado. Para a redacción utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.

8. Parágrafos

Non se efectuará ningunha sangría ao comezo de parágrafo. O último parágrafo de cada epígrafe irá seguido de dúas liñas en branco que precederán ao título do novo epígrafe.

9. Títulos de apartados

Os títulos dos diferentes epígrafes numeraranse e presentaranse coa seguinte xerarquía tipográfica segundo o seu nivel:

Título de epígrafe de primeiro nivel: redactarase en Arial de 14 puntos e negriña

Título de epígrafe de segundo nivel: redactarase en Arial de 12 puntos e negriña

Título de epígrafe de terceiro nivel: redactarase en Arial de 12 puntos e cursiva

 

10. Ilustracións

Os traballos que incorporen táboas e figuras entregaranos en ficheiros separados. Deberase indicar de forma precisa o lugar en que se deberá situar cada táboa ou figura. Ao pé de cada unha delas deberase indicar,en Arial de 10 puntos, o número de orde que lle corresponda eo título descritivo da ilustración.

Exemplos:

Táboa 1. Grupos de problemas para a investigación Arquivística

Fig. 2. Do antigo á novo paradigma disciplinar na ciencia arquivística

11. Referencias bibliográficas. Para a citación bibliográfica utilizarase o sistema autor-data. Cada referencia que se inclúa no texto realizarase indicando o apelido do autor seguido de coma e a data de publicación,e se é necesario engádese a páxina todo iso entre paréntese. Cando un autor conte con varios títulos publicados nun mesmo ano especificaranse estes engadindo nas distintas referencias ao ano unha letra minúscula (a, b, c, etc.)

Exemplos:

(Fernández, 2005, p. 15)

(Fernández, 2010a, p. 10)

Ao final do artigo indicarase a bibliografía con todas as referencias bibliográficas completas ordenadas alfabeticamente polo apelido do primeiro/a autor/a ou do primeiro elemento da referencia e o ano de publicación. As referencias irán precedidas da palabra “Bibliografía” en negriña cun tipo Arial de 14 puntos e realizaranse segundo os seguintes modelos e cumprindo os estilos de fontes prescritos para cada elemento:

Exemplos:

Referencia de monografía:

LERNER, Gerda. (1990). La creación del patriarcado. Barcelona: Crítica.

Referencia de artigo de revista:

COOK, Terry. (2013). “Evidence, memory, identity, and community: four shifting archival paradigms”. ArchivalScience. n. 12, p. 95-120.

Referencia de capítulo de libro:

Martín Rego, Manuel. (2014). La formación del clero sevillano. En : Manuel Ruiz Sánchez (Ed.), La Iglesia en Andalucía durante la Guerra Civil y el primer Franquismo (pp. 231-253). Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicacións.

Referencia de recurso electrónico:

RODRÍGUEZ Coya, Fátima. (2019). “Beligerancia archivística: profesionales en tiempos líquidos”. En : Os sistemas de arquivo no século XXI:Profesionais e institucións nos tempos líquidos. II Encontro Olga Gallego de Arquivos. 22·11·2019. p.70-92 http://www.fundacionolgagallego.gal/upload/recursos/cat_2/67/relatorios/50/03_fatima_rodriguez_02.pdf [Consulta: 09/10/2020]

 

12. Notas

As notas colocaranse ao pé de páxina cun tamaño de letra menos (10 puntos) do mesmo tipo de letra Arial.

As notas no corpo do texto irán colocadas en superíndice numérico (1, 2, 3).

13. Apéndices

Se o artigo ten apéndices, estes engadiranse ao final do texto, despois das notas, introducidos pola palabra "Apéndice" en negriña corpo 14, e o texto en corpo 10.

 

 

Comité organizador

 

 

Pedro López Gómez

Isabel Buján Bernárdez

María del Mar García MIraz

Olimpia López Rodríguez

María Dolores Pereira Oliveira

Gabriel Quiroga Barro

Comité científico

 

Jonas Ferrigolo Melo

Cristiana Freitas

Rosa Martín Rey

Jesús Rey Modia