No ano en que se cumpren 100 do nacemento de Olga Gallego, a fundación que leva o seu nome quere conectar co espírito vangardista que sempre demostrou Olga cos novos retos que os profesionais e a sociedade en xeral debemos afrontar nos próximos ano. Retos como a Intelixencia Artificial, unha nova conceptualización dos arquivos que os abra á toda a sociedade para facelos máis inclusivos; os arquivos e as mulleres ou os arquivos e a memoria democrática.
O programa que elaboramos busca integrar perspectivas externas e internas ao fenómeno arquivístico arredor destes temas, na procura dunha visión o máis aberta posible. E ninguén mellor para abrilo que a figura dun especialista de prestixio internacional como Geoffrey Yeo, que ten reflexionado ampliamente sobre diversas cuestións relacionadas coa xestión documental ou a natureza e a conceptualización dos documentos e dos arquivos nuns contextos inestables e fluídos como os actuais, entre outros moitos temas que ten abordado nas súas investigacións.
A súa visión sobre os arquivos e a Intelixencia Artificial terá o seu contrapunto na que achegue, desde fóra do mundo arquivístico, Amparo Alonso Betanzos, catedrática e coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) no departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña; e, desde dentro, Lluís-Esteve Casellas i Serra, membro do Team Catalonia de Interpares.
Guillermo Pastor Núñez, Manuel Torres Cubeiro e Laura Pelayo Iglesias reflexionarán sobre unha nova conceptualización dos arquivos dende ámbitos tan distintos como a propia Arquivística, a Filosofía ou a Arte, respectivamente.
Os avances e desenvolvementos da Arquivística feminista serán examinados por María del Olmo Ibáñez, Núria Jornet Benito e Olimpia López Rodríguez.
Finalmente, Henar Alonso e María Jesús Souto Blanco abordarán nos seus relatorios outro tema tan actual como o dos arquivos e a memoria democrática desde a perspectiva dos propios arquivos e dos investigadores, respectivamente.
DATAS
23 e 24 de novembro de 2023.
Día 23 |
|
|
9:30 |
Recepción de documentación |
|
9:45 |
Inauguración |
|
10:15N |
Conferencia inaugural: Conceptualizando os arquivos nun mundo de Intelixencia Artificial |
Geoffrey Yeo. University College London. |
11:15 |
Pausa café |
|
Primeira sesión: Arquivos e intelixencia artificial |
||
12:00 |
O reto da intelixencia artificial |
Amparo Alonso Betanzos. Universidade da Coruña. |
12:45 |
Intelixencia artificial e arquivos |
Lluís-Esteve Casellas Serra. Ajuntament de Girona |
13:30 |
Debate |
|
14:00 |
Fin da primeira sesión |
|
Segunda sesión: Cara a unha nova conceptualización dos arquivos?
|
||
16:30 |
Conceptualización dos arquivos dende a Arquivística |
Guillermo Pastor Núñez. Archivo General de la Defensa. |
17:15 |
Conceptualización dos arquivos dende a Filosofía |
Manuel Torres Cubeiro. Universidade de Santiago de Compostela |
18:00 |
Conceptualización dos arquivos dende a Arte |
Laura Pelayo González. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía |
18:45 |
Debate |
|
19:15 |
Remate da 2ª sesión |
|
Día 24 |
|
|
Terceira sesión: Arquivos e mulleres
|
||
10:00 |
Mesa de debate: Olga Gallego, Arquivos e mulleres. Avances, desenvolvementos da arquivística feminista, futuro. |
María del Olmo Ibáñez. Archivo Histórico Provincial de Alicante. |
Núria Jornet Benito. Universidat Autónoma de Barcelona. |
||
Olimpia López Rodríguez. Arquivo Territorial de Lugo. |
||
11:30 |
Pausa café |
|
Cuarta sesión: Arquivos e memoria democrática
|
||
12:00 |
Investigar sobre a memoria democrática |
María Jesús Souto Blanco. Universidade de Santiago. |
12:45 |
Memoria democrática e arquivos |
Henar Alonso. Archivo General Militar de Ávila |
13:30 |
Debate |
|
14:00 |
Clausura |
|
Poderán presentarse comunicacións en relación cos temas desenvolvidos no programa e baixo as seguintes normas:
1. Formato
Os manuscritos deben entregarse en forma de ficheiro electrónico, preferentemente en formato Word.
2. Datos de identificación do artigo
Na primeira páxina indicaranse os seguintes datos do relatorio.
Título e subtítulo, se o houber, do artigo cun tipo de letra Arial en negriña e un tamaño de 14 puntos
Nome da persoa autora, centro de traballo, e dirección de correo electrónico, cun tipo de letra Arial en cursiva e un tamaño de 12 puntos.
Resumo do traballo. O resumo presentarase no idioma que se redacta o texto e en inglés. Cada un deles contará cunha extensión aproximada de 100 palabras, recoméndase indicar os obxectivos, metodoloxía e resultados. Para o texto do resumo utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.
Palabras clave. Tamén no idioma de redacción do texto e en inglés. Recoméndase presentar entre 5 e 10 palabras clave para indizar o texto e facilitar a súa recuperación. Redactaranse en letra Arial cun corpo de 12 puntos, en maiúsculas, separándoas por unha barra precedida e seguida de espazo e un entreliñado sinxelo.
3. Extensión
O tamaño recomendado dun artigo está entre as 5.000 e 6.000 palabras (notas incluídas).
4. Deseño do texto
O texto debe estar xustificado. Para a redacción utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.
5. Parágrafos
Non se efectuará ningunha sangría ao comezo de parágrafo. O último parágrafo de cada epígrafe irá seguido de dúas liñas en branco que precederán ao título do novo epígrafe.
6. Títulos de apartados
Os títulos dos diferentes epígrafes numeraranse e presentaranse coa seguinte xerarquía tipográfica segundo o seu nivel:
Título de epígrafe de primeiro nivel: redactarase en Arial de 14 puntos e negriña
Título de epígrafe de segundo nivel: redactarase en Arial de 12 puntos e negriña
Título de epígrafe de terceiro nivel: redactarase en Arial de 12 puntos e cursiva
7. Ilustracións
Os traballos que incorporen táboas e figuras entregaranos en ficheiros separados. Deberase indicar de forma precisa o lugar en que se deberá situar cada táboa ou figura. Ao pé de cada unha delas deberase indicar,en Arial de 10 puntos, o número de orde que lle corresponda eo título descritivo da ilustración.
Exemplos:
Táboa 1. Grupos de problemas para a investigación Arquivística
Fig. 2. Do antigo á novo paradigma disciplinar na ciencia arquivística
8. Referencias bibliográficas. Para a citación bibliográfica utilizarase o sistema autor-data. Cada referencia que se inclúa no texto realizarase indicando o apelido do autor seguido de coma e a data de publicación,e se é necesario engádese a páxina todo iso entre paréntese. Cando un autor conte con varios títulos publicados nun mesmo ano especificaranse estes engadindo nas distintas referencias ao ano unha letra minúscula (a, b, c, etc.)
Exemplos:
(Fernández, 2005, p. 15)
(Fernández, 2010a, p. 10)
Ao final do artigo indicarase a bibliografía con todas as referencias bibliográficas completas ordenadas alfabeticamente polo apelido do primeiro/a autor/a ou do primeiro elemento da referencia e o ano de publicación. As referencias irán precedidas da palabra “Bibliografía” en negriña cun tipo Arial de 14 puntos e realizaranse segundo os seguintes modelos e cumprindo os estilos de fontes prescritos para cada elemento:
Exemplos:
Referencia de monografía:
LERNER, Gerda. (1990). La creación del patriarcado. Barcelona: Crítica.
Referencia de artigo de revista:
COOK, Terry. (2013). “Evidence, memory, identity, and community: four shifting archival paradigms”. ArchivalScience. n. 12, p. 95-120.
Referencia de capítulo de libro:
Martín Rego, Manuel. (2014). La formación del clero sevillano. En : Manuel Ruiz Sánchez (Ed.), La Iglesia en Andalucía durante la Guerra Civil y el primer Franquismo (pp. 231-253). Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicacións.
Referencia de recurso electrónico:
RODRÍGUEZ Coya, Fátima. (2019). “Beligerancia archivística: profesionales en tiempos líquidos”. En : Os sistemas de arquivo no século XXI:Profesionais e institucións nos tempos líquidos. II Encontro Olga Gallego de Arquivos. 22·11·2019. p.70-92 http://www.fundacionolgagallego.gal/upload/recursos/cat_2/67/relatorios/50/03_fatima_rodriguez_02.pdf [Consulta: 09/10/2020]
9. Notas
As notas colocaranse ao pé de páxina cun tamaño de letra menos (10 puntos) do mesmo tipo de letra Arial.
As notas no corpo do texto irán colocadas en superíndice numérico (1, 2, 3).
10. Apéndices
Se o artigo ten apéndices, estes engadiranse ao final do texto, despois das notas, introducidos pola palabra "Apéndice" en negriña corpo 14, e o texto en corpo 10.
Pedro López Gómez
Isabel Buján Bernárdez
María del Mar García MIraz
Olimpia López Rodríguez
María Dolores Pereira Oliveira
Gabriel Quiroga Barro