Este ano, debido á pandemia do Covid-19, preparamos un novo formato na celebración do III Encontro da Fundación Olga Gallego. Coa colaboración da arquiveira Susanna Muriel, non quixemos deixar pasar a ocasión de encontrármonos con novos especialistas e buscar outros puntos de encontro, así como avanzar profesionalmente cunha visión máis ampla en todos os ámbitos relacionados cos Arquivos Familiares, aqueles conxuntos custodiados na casa polos seus produtores e unidos fisicamente á súa significación emocional.
Trátase dun ciclo de conferencias virtuais que recolle as miradas de 14 expertos arredor dos arquivos familiares. Arquiveiros, historiadores, xenealoxistas, fotógrafos, coleccionistas, deseñadores, artistas gráficos e pintores que coa súa obra poñen en valor e ofrecen unha aposta innovadora no campo do estudo da imaxe familiar.
Obxectivo principal: fomentar os traballos arquivísticos especializados e de creación artística contemporánea ao redor dos arquivos familiares.
O encontro proponse como un espazo aberto, inclusivo e transversal para calquera persoa interesadas nestes temas. Encontro plural que identifica os arquivos familiares ampliando as aproximacións cara a imaxe de quen a observa, quen a le, quen a interpreta, quen a custodia e quen se apropia nun tráfico de usos que abre o horizonte deste tipo de imaxes.
DATAS
20 e 27 de maio, 3 e 10 de xuño 2021
De 17:00h a 19:30h
Xoves, 20 de maio Bloque 1: O traballo dos arquiveiros especialistas
|
|
17:00 h |
Presentación do ciclo e inicio das conferencias |
17:30 h |
Entre os arquivos familiares e a memoria persoal. A experiencia do Arquivo Histórico Provincial de Huesca. Juan José Generelo Lanaspa Archivo Histórico Provincial de Huesca |
18:00 h |
Os arquivos de familia e o estudo do fenómeno vincular en Portugal Rita Luís Sampaio da Nóvoa Instituto de Estudos Medievais-NOVA FCSH (Lisboa, Portugal)
|
18:30 h |
A narración visual da fotografía familiar Susanna Muriel Ortiz Arquiveira independente especializada en Patrimonio fotográfico e fotografía familiar
|
19:00 h |
Preguntas dos participantes e debate |
Xoves 27 de maio Bloque 2: O uso dos arquivos familiares polos artistas visuais
|
|
17:00 h |
Presentación dos conferenciantes
|
17:30 h |
O factor emocional de documentar o esquecemento. Mutilar fotografías, testamentos e cartas de amor como proxecto artístico Tatiana Abellán Artista visual. Profesora asociada da Facultade de Belas Artes da Universidade de Murcia. |
18:00 h |
Xenealoxía mural. Investigación e práctia pictórica no espazo público. Miquel Wert Artistas e profesor asociado do Departamento de Artes e Conservación-Restauración da Universidade de Barcelona
|
18:30 h |
Filias e irmás Susana Blasco Deseñadora gráfica, ilustradora e collaxista |
19:00 | Preguntas dos participantes e debate |
Xoves 3 de xuño Bloque 3: As fontes de investigación nos arquivos familiares |
|
17:00 h | Presentación dos conferenciantes |
17:30 |
Chegar antes que o camión do lixo James Fernández Catedrático de Literatura e Cultura Españolas New York University (NYU) e director de NYU Madrid Luis Argeo Xornalista e director de cine documental |
18:00 |
Os arquivos fotográficos familiares na Colección Fernández Rivero Mª Teresa García Ballesteros e Juan Antonio Fernández Rivero Colección Fernández Rivero |
18:30 h |
O Arquivo da Emigración Galega e a memoria colectiva: os arquivos familiares como fonte de información e análise do fenómeno migratorio Carolina García Borrazás Arquivos da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega |
19:00 h | Preguntas dos participantes e debate |
Xoves 10 de xuño Bloque 4: Os arquivos familiares en primeira persoa |
|
17:00 h |
Presentación dos conferenciantes |
17:30 h |
Elementos para unha crónica familiar Pedro López Gómez Catedrático de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña. Presidente da Fundación Olga Gallego |
18:00 h |
Camiñando sobre pegadas invisibles. Refotografías do álbum familiar Ricard Martínez Artista visual e historiador da Fotografía. Arqueologia del Punt de vista |
18:30 h |
O Arquivo da Casa de Mirapeixe. Comentaros arredor da súa formación, contido e permanencia. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Profesor de investigación de PPIs e director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela) |
19:00 | Preguntas dos participantes e debate. Conclusión das xornadas |
Vídeos das intervencións:
Pedro López Gómez
Isabel Buján Bernárdez
María del Mar García MIraz
Olimpia López Rodríguez
María Dolores Pereira Oliveira
Gabriel Quiroga Barro
Susanna Muriel Ortiz