O xurado da 3ª edición do Premio Olga Gallego de investigación en Arquivos acordou galardoar o traballo presentado co título: "O patrimonio documental sindical na Galiza: un percorrido a través dos seus fondos arquivísticos", do que é autor Diego Gómez.
O traballo mereceu o premio entre 11 presentados procedentes de España, Portugal e Colombia.
O xurado estivo composto polas seguintes persoas:
Presidenta: Antonia Heredia Herrera
Vocales:
Carlos Alcalde Martín-Calero
Paloma Fernández Gil
Josefa Gallego Lorenzo
Isabel Medrano Corrales
Julio Ramos
De acordo coas bases da convocatoria, publicouse o texto no sitio web da Fundación e o seu padroado contactou coa persoa gañadora para facer efectivo o premio de 2.000 €.