O xurado da V edición do Premio Olga Gallego de Investigación en arquivos acordou por unanimidade, en sesión deliberativa celebrada o día 1 de marzo de 2023, declarar o premio deserto.
Integraron o xurado, presidido por Rosa Martín Rey (Gerencia Territorial del Catastro. Lugo), as seguintes persoas:
- Cristiana Freitas (Arquivo Municipal de Ponte de Lima).
- Rafael de Lucas Vegas (Archivo Histórico Provincial de Guadalajara).
- Jesús Rey Modia (Arquivo Municipal de Lugo).