facebooktwittertwitter
novas_actualidade
marila.jpg

Filatelia

10-15 de xullo de 2023

Exposición internacional de filatelia.

María Elisa Abad Suárez, gran amiga e compañeira da creadora da Fundación Olga Gallego, Pilar Gallego Domínguez, na Sociedad  Filatélica, Numismática y Vitolfílica  Miño de Ourense, participa entre o 10 e o 15 de xullo, en Jesús María, na provincia de Córdoba de Arxentina, como Comisaria de España, na Exposición Internacional de Filatelia "150 años de la fundación de Jesús María"

María Elisa é desde marzo Vicesecretaria de FESOFI (Federación Española de Sociedades Filatélicas), sendo a primeira muller que forma parte da súa Xunta Directiva. Con esta viaxe é, ademais, a primeira muller española que exerce de Comisaria Internacional.

Desde a Fundación Olga Gallego alegrámonos moito por este nomeamento e desexámoslle moito éxito no desempeño desas representacións.