facebooktwittertwitter
novas_actualidade

Homenaxe

17 de maio de 2023

Homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

Este ano 2023 dedícaselle o Día das Letras Galegas a don Francisco Fernández del Riego: os seus merecementos son sobrados e sobradamente recoñecidos en Galicia.

No seu momento promoveu xunto con outros intelectuais que a Real Academia Galega constituíse o dia 17 de maio como Día das Letras Galegas, para homenaxear a unha figura destacada pola súa defensa da lingua e a literatura galegas, e este a súa quenda.

A Fundación Olga Gallego quere manifestar a súa adhesión á homenaxe a Don Francisco neste día das Letras Galegas.