Os sistemas de arquivo no século XXI: profesionais e Institucións nos tempos líquidos
A Fundación Olga Gallego propón a realización dunha xornada técnica ou Encontro de Arquivos arredor do tema: Os sistemas de arquivo no século XXI, no desenvolvemento dunha liña de traballo que ten demostrado a súa rendibilidades profesional, cultural e social.
O Encontro, que terá lugar o día 22 de novembro de 2019, contará coa participación de destacados profesionais de España e Portugal. Ademais, haberá espazo e tempo para as comunicacións individuais ou colectivas e para unha mesa redonda de debate.
Esta xornada técnica realizarase grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña.