facebooktwittertwitter
novas_actualidade
fot_olga_1944.png

IV Xornadas da Fundación Olga Gallega

1 e 2 de abril de 2022

Os días  1 e 2 de abril celebraremos en Santiago de Compostela as xornadas: “ A información, as mulleres e os centros da memoria".

Organizadas conxuntamente pola Fundación Olga Gallego e BAMAD-Galicia, a asociación de profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación de Galicia, servirán para reflexionar e dialogar acerca de temas como o das mulleres nos arquivos, bibliotecas e museos; sobre o lugar que ocupan na memoria colectiva ou sobre os proxectos para aumentar a súa visibilidade.

Contaremos con prestixiosas profesionais como relatoras e esperamos que haxa moitas comunicacións que favorezan un verdadeiro debate arredor desas propostas.

En breve ofreceremos máis noticias.