A Fundación Olga Gallego lamenta profundamente o pasamento de Margarita Vázquez de Parga, exsubdirectora xeral dos Arquivos Estatais
Margarita Vázquez de Parga soubo impulsar a renovación dos arquivos en España nun momento de profundas transformacións tanto no ámbito arquivístico (o problema dos fondos acumulados e a necesidade de sistemas, as novas normas de descrición, a informatización, a dixitalización…) coma no da distribución territorial das competencias no marco do Estado das Autonomías.
Para acometer esa renovación, cun talante aberto e accesible, buscou a colaboración das figuras máis destacadas da Arquivística española e, co apoio dun excelente equipo de novos profesionais, soubo planificar e impulsar grupos de traballo e desenvolver proxectos que, como o da dixitalización do Arquivo Xeral de Indias, tiveron resonancia internacional.
Unímonos á súa familia e á comunidade arquivística no dolor pola súa perda.