facebooktwittertwitter
novas_actualidade
actas_3_encontro_01_gris.jpg

Publicadas as Actas do III Encontro Olga Gallego de Arquivos

30 de novembro de 2021

Os arquivos familiares: sumando miradas: Actas do III Encontro Olga Gallego de Arquivos é o título desta nova publicación da Fundación Olga Gallego.

O III Encontro Olga Gallego de Arquivos, celebrado de forma virtual entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 2021,  reuniu de forma novidosa artistas visuais e profesionais dos arquivos para poñer en común as miradas que cada un deles realiza dos arquivos familiares, examinados ou evocados, aínda que non de forma exclusiva,  a través do fenómeno da fotografía. As Actas e os relatorios individuais están xa dispoñibles na nosa web.