O Concello de Ourense inclúe a Olga Gallego na proposta de mulleres para figuraren no rueiro da cidade.
O rueiro que queremos: feminino e plural é o título da publicación e do vídeo cos que o Concello de Ourense difunde a proposta de diferentes colectivos para que mulleres ourensás figuren no rueiro da cidade. Entre elas, atópase Olga Gallego Domínguez, proposta por esta Fundación, a Asociación de Viúvas María Andrea, BAMAD-Galicia (Asociación de profesionais de Arquivos,Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia), a Asociación Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño e polo Grupo Municipal Socialista do Concello de Ourense.
Na publicación figura tamén, a proposta da Asociación Filatélica, Numismática y Vitolfílica Miño, Pilar Gallego Domínguez, irmá de Olga e creadora desta fundación.