facebooktwittertwitter
novas_actualidade
xornadas_04_capt02.png

Olga Gallego na vangarda: novos retos para os arquivos (1923-2023). V Xornadas da Fundación Olga Gallego

23 e 24 de outubro de 2023

En outubro, celebraremos o centenario de Olga Gallego coa celebración dunhas Xornadas, as V, na súa homenaxe. 

No ano en que se cumpren 100 do nacemento de Olga Gallego, a fundación que leva o seu nome quere conectar co espírito vangardista que sempre demostrou Olga cos novos retos que os profesionais e a sociedade en xeral debemos afrontar nos próximos anos. Retos como a Intelixencia Artificial, unha nova conceptualización dos arquivos que os abra á toda a sociedade para facelos máis inclusivos; os arquivos e as mulleres ou os arquivos e a memoria democrática. Estes son os temas que centrarán os debates das V Xornadas da Fundación, que celebraremos en Santiago os días 23 e 24 de outubro de 2023, na sede do Museo do Pobo Galego.