facebooktwittertwitter
novas_actualidade
xornadas_carte.png

V Xornadas Olga Gallego de Arquivos

23 e 24 de novembro de 2023

Xa queda pouco para as próximas xornadas Olga Gallego, cun programa no que destaca a presenza de Geoffrey Yeo.

O profesor Yeo abordará na súa intervención o tema da conceptualización dos arquivos nun mundo de intelixencia artificial. Unha materia que será tratada tamén por outros relatores, como Amparo Alonso, da Universidade da Coruña, ou Lluís-Esteve Casellas, do Arquivo Municipal de Xerona. Pero esta é só unha das propostas das xornadas. Mirade o programa que temos preparado e non tardedes en inscribirvos. O aforo do Museo do Pobo Galego é limitado.