O Padroado da Fundación Olga Gallego convoca a V edición do Premio Olga Gallego de Investigación en Arquivos.
Os traballos poderanse presentar ata o 31 de xaneiro de 2023 e o fallo terá lugar o 8 de marzo.
Dotado. segundo as bases da convocatoria, con 2.000 € (euros) e a publicación electrónica do traballo gañador (e das posibles mencións honoríficas que houber) no sitio web da Fundación, o premio ten por obxecto destacar, impulsar e difundir traballos sobre investigación en Arquivos desenvolvidos por persoas menores de 35 anos.
Ata o momento, gañaron o premio ou foron mención honorífica: Ana Margardia Díaz da Silva (2015), Andrea Rovira Bordonau e Catarina Serafim (mencións honoríficas de 2015); Isabel Medrano Corrales (2017), Rita Luís Sampaio da Nóvoa (mención honorífica de 2017); Diego Gómez-Aller Andrés (2019) e Jonas Ferrigolo Melo (2021).