Este aviso legal establece as condicións de uso da páxina web da Fundación Olga Gallego, (en adiante a Fundación), que é unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia, co número 2014/8.
O seu domicilio está no nº 13 baixo da rúa Rosalía de Castro, 15004 A Coruña. O seu NIF é G. 70402698, o teléfono é 644408913 e o seu correo electrónico é fundacion@fundacionolgagallego.gal
A Fundación Olga Gallego é a entidade responsable do tratamento dos datos persoais que obteña no desenvolvemento das actividades establecidas nos seus Estatutos.
Identidade: Fundación Olga Gallego. CIF: G-70402698
Enderezo postal: Rosalía de Castro, 13 baixo. 15004 a Coruña.
Enderezo electrónico: fundacion@fundacionolgagallego.gal
Tfno.: 644 40 89 13
Constituirá un tratamento de datos persoais calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
A Fundación Olga Gallego tratará a información que lle faciliten as persoas interesadas coa finalidade de:
- Xestionar as solicitudes para a realización de actividades desenvolvidas pola Fundación.
- Xestionar as relacións que estableza a Fundación coas persoas que colaboren con ela ou sexan beneficiarias das súas actividades.
- Facilitar aos interesados información sobre as actividades da Fundación.
Os datos persoais achegados conservaranse mentres non se solicite a súa supresión polas persoas interesadas.
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais é o consentimento outorgado polo interesado en cada caso, de acordo coa lexislación vixente (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e Regulamento Europeo (UE) 2016/679 relativo á protección dos dereitos das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos).
A Fundación Olga Gallego non cederá datos a terceiros.
As persoas interesadas teñen, en relación cos datos persoais que faciliten á Fundación Olga Gallego, os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente. En concreto:
- Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos á persoa interesada.
- Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.
- Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento.
- Dereito a opoñerse ao tratamento.
- Dereito á portabilidade dos datos.
Para exercer eses dereitos, a persoa interesada poderá dirixirse directamente á Fundación Olga Gallego nos enderezos facilitados no epígrafe correspondente.
Axencia Española de Protección de Datos
Todos os dereitos de propiedade do dominio web e dos seus contidos, código fonte, deseños, imaxes, fotografías, sons, textos, informacións, animacións e calquera outros contidos, están protexidos pola lexislación en materia de propiedade intelectual e industrial, e pertencen ben á Fundación ben a terceiros, polo que os usuarios poderán utilizalos para uso persoal, sempre citando a fonte, quedando prohibido o uso con fins comerciais, polo que ningún usuario esta autorizado a usalos, imprimilos, tratalos informáticamente, difundilos, distribuílos, almacenalos, descompilalos, modificalos nin reproducilos total ou parcialmente, sen permiso da Fundación.”
Os enlaces que permitan o acceso a través da web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non se atopan baixo o control da Fundación, que non é responsable da información que conteñen nin dos seus efectos. Tampouco asumirá responsabilidade polas infraccións de outros usuarios da web ou de terceiros, incluíndo dereitos de propiedade intelectual, nin pode garantir ausencia de virus informáticos no portal e nos seus servidores.
A Fundación resérvase a facultade de modificar, actualizar, suprimir, configurar ou presentar a información do seu portal Web en calquera momento.
A Fundación utiliza cookies para xeolocalización e elaboración de estatísticas.