facebooktwittertwitter
fundacion
o_isabel_bujan.png

Buján Bernárdez , Isabel (Vocal)

Isabel Buján Bernárdez é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciada en Documentación pola Universitat Oberta de Catalunya. Actualmente exerce como técnica de arquivo e biblioteca no Concello de Culleredo. Representa a BAMAD GALICIA na Fundación.

o_maria_del_mar_garcia.png

García Miraz, María del Mar (Vocal)

María del Mar García Miraz (Ferrol, 1960) é licenciada en Xeografía e Historia, especialidades de Historia Medieval e de Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionaria do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, actualmente é xefa de servizo do Arquivo de Galicia

o_pedro_lopez.png

López Gómez, Pedro (Presidente)

Pedro López Gómez é doutor en Xeografía e Historia e Licenciado en Filosofía e Letras, pola Universidade Complutense; e Documentalista pola Escola Nacional (Madrid).Pertence ao Corpo Facultativo de Arquiveiros dende 1974, e foi director do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, do Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) e do Arquivo da Coroa de Aragón (Barcelona). É catedrático xubilado de Biblioteconomía e Documentación e Profesor Honorario da Universidade da Coruña. Ten numerosas publicacións sobre Arquivística e Historia

o_olimpia_lopez.png

López Rodríguez, Olimpia (Vocal)

Olimpia López Rodríguez é licenciada con grao en Dereito pola Universidade de Deusto. Formouse en arquivística na Escola taller de arquivos do o Ministerio de Cultura.Pertence a Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, e na actualidade é xefa de sección no Arquivo Xeral Territorial de Lugo.

minia_martull.png

Martul Tobío, Minia (Vocal honoraria)

Minia Martul Tobío. Bibliotecaria, foi directora da Biblioteca Pública de Ourense, e elaborou diversos catálogos de bibliotecas, entre outros o da Casa-Museo de Otero Pedrayo, en Trasalba.

lola_pereira.png

Pereira Oliveira, Lola (Vicepresidenta)

Lola Pereira Oliveira é licenciada en Xeografía e Historia, pola Universidade de Santiago de Compostela, e formouse en arquivística na Escola Obradoiro de Arquivos do Arquivo do Reino de Galicia. Actualmente é directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

gabriel_quiroga.png

Quiroga Barro, Gabriel (Secretario)

Gabriel Quiroga Barro (Lugo, 1960), é licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago (1982). Obtivo o grao de licenciado na mesma universidade en 1984. Funcionario do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, accedeu á función pública no ano 1987 desempeñando o seu labor na Biblioteca Universitaria de Santiago, na Subdirección Xeral de Arquivos da Xunta de Galicia e nos arquivos do Reino de Galicia (A Coruña) e de Galicia (Santiago), dos que foi director. Na actualidade é xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia.