Isabel Buján Bernárdez é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciada en Documentación pola Universitat Oberta de Catalunya. Actualmente exerce como técnica de arquivo e biblioteca no Concello de Culleredo. Representa a BAMAD GALICIA na Fundación.
María del Mar García Miraz (Ferrol, 1960) é licenciada en Xeografía e Historia, especialidades de Historia Medieval e de Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionaria do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, actualmente é xefa de servizo do Arquivo de Galicia
Pedro López Gómez é doutor en Xeografía e Historia e Licenciado en Filosofía e Letras, pola Universidade Complutense; e Documentalista pola Escola Nacional (Madrid).Pertence ao Corpo Facultativo de Arquiveiros dende 1974, e foi director do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, do Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña) e do Arquivo da Coroa de Aragón (Barcelona). É catedrático xubilado de Biblioteconomía e Documentación e Profesor Honorario da Universidade da Coruña. Ten numerosas publicacións sobre Arquivística e Historia
Olimpia López Rodríguez é licenciada con grao en Dereito pola Universidade de Deusto. Formouse en arquivística na Escola taller de arquivos do o Ministerio de Cultura.Pertence a Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, e na actualidade é xefa de sección no Arquivo Xeral Territorial de Lugo.
Minia Martul Tobío. Bibliotecaria, foi directora da Biblioteca Pública de Ourense, e elaborou diversos catálogos de bibliotecas, entre outros o da Casa-Museo de Otero Pedrayo, en Trasalba.
Lola Pereira Oliveira é licenciada en Xeografía e Historia, pola Universidade de Santiago de Compostela, e formouse en arquivística na Escola Obradoiro de Arquivos do Arquivo do Reino de Galicia. Actualmente é directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Gabriel Quiroga Barro (Lugo, 1960), é licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago (1982). Obtivo o grao de licenciado na mesma universidade en 1984. Funcionario do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, accedeu á función pública no ano 1987 desempeñando o seu labor na Biblioteca Universitaria de Santiago, na Subdirección Xeral de Arquivos da Xunta de Galicia e nos arquivos do Reino de Galicia (A Coruña) e de Galicia (Santiago), dos que foi director. Na actualidade é xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia.