Naceu en Lugo, provincia de Lugo o 24 de marzo de 1960. É licenciado en Xeografía e Historia, especialidade en Historia Moderna, pola Universidade de Santiago (1982). Obtivo o grao de licenciado en 1984 coa elaboración da súa tese de licenciatura sobre a evolución agraria da Terra de Viana do Bolo entre 1650 e 1800.
Funcionario do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia e en excedencia da Escala de Axudantes de Arquivos, Biblioteca e Museos da Universidade de Santiago de Compostela, ten desempeñado diversos postos de traballo desde o seu acceso á función pública no ano 1987. Así, na actualidade é xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia. Con anterioridade traballou na Biblioteca Universitaria de Santiago (1987-1988) e en diversos postos en unidades ou centros dependentes da Xunta de Galicia: xefe do Servizo de Arquivos e Museos (1988-1994); xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia (1994-1996); director do Arquivo do Reino de Galicia (1996-2008); subdirector xeral do Arquivo Nacional de Galicia (2008-2009); subdirector xeral de Arquivos e Museos e director do Arquivo de Galicia (2009-2011) e subdirector xeral de Arquivos e director do Arquivo de Galicia (2011-2012).
É membro da asociación profesional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Musólogos e Documentalistas de Galicia (BAMAD-GALICiA), da que fo secretario e presidente, e do grupo de traballo Mesa de Trabajo de Archivos de la Administración Local.
Ten publicado, como autor, director ou colaborador, diversos traballos sobre historia, arquivística ou os arquivos. Entre eles Evolución dunha estrutura agraria na Galicia interior: a terra de Viana do Bolo: 1600-1820. Ourense, 1988; Real Audiencia de Galicia: Catálogo de expedientes de Veciños (2 vol.). Santiago de Compostela, 2002; Real Audiencia de Galicia: Catálogo de preitos e expedientes de Mosteiros (3 vol.). Santiago de Compostela, 2004; Pazo de Brandeso. Descrición do fondo documental (CD-ROM). Santiago de Compostela, 2005; Real Audiencia de Galicia. Catálogo de preitos e expedientes de particulares (Letra A) (CD-ROM); Estudo Orgánico e Funcional da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2010; “O patrimonio documental de Galicia: da arca do tesouro ao sistema de arquivos”. Nalgures, 2011; ou Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2012, entre outros.