Isabel Buján Bernárdez é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e licenciada en Documentación pola Univesitat Oberta de Catalunya.
Ten o Certificado de aptitude pedagóxia pola Universidade de Santiago de Compostela, é especialista universitaria en arquivística pola UNED, ten un Master en xestión e administración da documentación pola Universidade da Coruña e un curso de posgrao en arquivística e xestión documental da administración local pola Universidade da Coruña.
Completou a súa formación con diferentes cursos relacionados coa arquivística, as bibliotecas e a documentación.Ten desenvolvido traballos de consultoría para empresas de documentación, e pertence á escala de Técnicos da administración local, traballando neste momento no Concello de Culleredo como Técnica de arquivo e biblioteca.
Desde 2006 formou parte da Xunta directiva de BAMAD GALICIA, onde ostentou o cargo de secretaria, e agora ocupa o de vicepresidenta, sendo ademais durante todo este tempo coordinadora dos plans de formación da asociación.Directora de diferentes cursos, e docente de cursos no ámbito dos arquivos e de preparación de oposicións para bibliotecas.
Ten asistido a diferentes xornadas e congresos no ámbito da arquivística e da documentación, e foi membro do Comité científico do IV Congreso de Bibliotecas Nacionales, no que participou tamén cunha ponencia.