María del Mar García Miraz (Ferrol, 1960) é licenciada en Xeografía e Historia, especialidades de Historia Medieval e de Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia.
Entre 1986 e 1988 estivo contratada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) como axudante de investigación para o traballo: Inventario Pleno e Duplicado Progresivo de Fontes Diplomáticas na Galicia Medieval, desenvolvido no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
Alumna-traballadora da Escola Taller de Arquivos do Arquivo do Reino de Galicia entre 1988 e 1990, nos anos 1992 e 1993 foi contratada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para realizar traballos neste centro, ao que se incorporou como funcionaria da Xunta de Galicia no ano 1994. A partir do 2002 desempeñou o posto de xefa de sección.
Desde o ano 2008 é xefa de servizo no Arquivo de Galicia.
É autora ou colaborou en diversas publicacións elaboradas no Arquivo do Reino de Galicia entre os anos 1995 e 2008 e máis recentemente no Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia. Proposta dun cadro de clasificación, publicado pola Xunta de Galicia en 2010.
Impartiu diversos cursos de formación e foi relatora en xornadas ou congresos sobre a súa especialidade.
É socia de BAMAD-Galicia.