facebooktwittertwitter
fundacion
o_olimpia_lopez.png

López Rodríguez, Olimpia (Vocal)

Licenciada con grao en Dereito pola Universidade de Deusto.

Formouse en arquivística na Escola taller de arquivos organizada por convenio entre o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Traballo e Seguridade Social de 1988 a 1990.

Continuou coa súa formación con diversos cursos relacionados coa arquivística (os arquivos privados, a xestión documental, as normas internacionais de descrición, a administración electrónica, a protección de datos ou a web semántica) e coa administración pública (xestión de persoal, a edición institucional, iniciación á calidade ou técnica normativa).

Iniciou a súa experiencia laboral no Arquivo do Reino de Galicia nos anos 90. Pertence a Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia e foi xefa de sección no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Na actualidade é xefa de sección no Arquivo Xeral Territorial de Lugo.

Asistiu e participou en congresos como "I Simposio do Notariado en Galicia: Notarios e documentos na idade media e moderna" en 2014, organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo; Xornada Mulleres e Historia. Olga Gallego Domínguez" en 2012 organizado polo Consello da Cultura Galega; ou no X Congreso do capítulo español de ISKO (International Society for Knowledge Organitation) en 2011.

Publicou diversos traballos relacionados cos instrumentos de descrición, fontes documentais, arquivística ou historia das institucións, tales como:

  • “Aproximación á organización territorial da provincia de Lugo, segundo os padróns calle hita que se custodiaban no Arquivo Histórico Provincial de Lugo: A xurisdicción de Navia de Suarna”. Publicado no Boletín Auriense. No lembrar Olga Gallego. Ano XLI-XLIIno ano 2012.
  • “Los cuadros de organización de fondos de los archivos históricos provinciales. Una nueva propuesta”. Publicado nas actas del “X Congreso del capítulo Español de ISKO (International Society for Knowledge Organization)” en el año 2012.
  • “O Catastro do marqués de la Ensenada. Arquivo Histórico Provincial de Lugo” Publicado no ano 2005.
  • “Aproximación ás fontes para o estudio do territorio no Arquivo Histórico Provincial de Lugo”. Publicado en “Aproximación ás fontes para o estudio do territorio no Arquivo Histórico Provincial de Lugo” no ano 2000.
  • Una institución franquista en la provincia de Lugo. La Junta Provincial de Protección a la Mujer”. Publicado en “El Franquismo : El Régimen y la oposición: Actas de las IV Jornadas de Castilla-La Mancha sobre investigación en archivos: Guadalajara, 9-12 de noviembre 1999”, no ano 1999.

Entre outras actividades relacionadas coa profesión de arquiveira, destaca a súa pertenza á Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas (BAMAD-Galicia, antes ANABAD-Galicia). É membro da súa xunta directiva dende 2006 e a súa presidenta dende 2012. Tamén foi membro do "Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia" (2001-...).