Licenciada con grao en Dereito pola Universidade de Deusto.
Formouse en arquivística na Escola taller de arquivos organizada por convenio entre o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Traballo e Seguridade Social de 1988 a 1990.
Continuou coa súa formación con diversos cursos relacionados coa arquivística (os arquivos privados, a xestión documental, as normas internacionais de descrición, a administración electrónica, a protección de datos ou a web semántica) e coa administración pública (xestión de persoal, a edición institucional, iniciación á calidade ou técnica normativa).
Iniciou a súa experiencia laboral no Arquivo do Reino de Galicia nos anos 90. Pertence a Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia e foi xefa de sección no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Na actualidade é xefa de sección no Arquivo Xeral Territorial de Lugo.
Asistiu e participou en congresos como "I Simposio do Notariado en Galicia: Notarios e documentos na idade media e moderna" en 2014, organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo; Xornada Mulleres e Historia. Olga Gallego Domínguez" en 2012 organizado polo Consello da Cultura Galega; ou no X Congreso do capítulo español de ISKO (International Society for Knowledge Organitation) en 2011.
Publicou diversos traballos relacionados cos instrumentos de descrición, fontes documentais, arquivística ou historia das institucións, tales como:
Entre outras actividades relacionadas coa profesión de arquiveira, destaca a súa pertenza á Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas (BAMAD-Galicia, antes ANABAD-Galicia). É membro da súa xunta directiva dende 2006 e a súa presidenta dende 2012. Tamén foi membro do "Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia" (2001-...).