facebooktwittertwitter
olga_gallego
Fundación Olga Gallego

Publicacións sobre Olga Gallego

Ao falar sobre as fontes bibliográficas que nos permiten coñecer a bio-bibliografía de Olga Gallego, en este mesmo portal, sinalamos unha serie de publicacións, en enciclopedias, bases de datos dixitais, ou dicionarios, que nos aproximan á súa figura, comezando pola voz redactada por Martínez Tamuxe para a Gran Enciclopedia Galega, ou as aparecidas en Galego info, Wikipedia e  Galipedia ou no portal da Real Academia Galega[1]. Engadíamos tamén os dicionarios de escritores en lingua galega de Fernández del Riego, e de mulleres galegas de Marco[2]; así como as recompilacións bibliográficas sobre arquivos e arquivística de ámbito xeral, provincial ou municipal da autoría de Cruz Herránz e Cerdá Díaz.[3]

Indicamos tamén a dificultade dunha reconstrución total da súa obra, dada a súa dispersión en variados medios, como actas de congresos, capítulos de libros, ou artigos de revistas, por non falar de folletos ou outras publicacións menores, e de como se chegou a unha primeira aproximación case definitiva á súa bio-bibliografía, co traballo de López Gómez[4], en vida da autora, e a unha cuantificación e análise valorativo da súa produción científica, tras o seu falecemento, do mesmo autor, que poden consultarse ambos no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega[5]. Tamén foron posteriores a biografía e a bibliografía  publicadas no Boletín Avriense por Fariña Busto e Sierra Rodríguez[6], que inclúen a case totalidade da súa obra, salvando algún artigo póstumo.[7] No Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega incorpóranse gran parte das achegas citadas ata aquí, e tentan manter ao día as referencias que van xurdindo sobre a nosa autora[8].

Pero o coñecemento da súa personalidade pódese alcanzar tamén, ademais de por as súas achegas, polas opinións e análises que dela fixeron outros autores, especialmente con ocasión do seu ingreso na Real Academia Galega,  na presentación de libros seus; a súa participación en premios literarios e na recepción de premios e distincións que se lle concederon; e nas variadas homenaxes que recibiu en vida, ou tras o seu “pasamento”.

O seu ingreso na Real Academia Galega, en 1986, foi motivo para destacar o feito de ser, non a primeira muller nomeada académica, pero si a primeira muller que ingresaba na institución, tomando posesión da súa cadeira, rompendo unha tradición sexista de maioría de académicos homes; e para glosar a súa investigación histórica[9].

A presentación de libros, especialmente nos seus últimos anos, como os relativos á familia Quiroga, ligada á comarca de Valdeorras,[10] ou á historia das mulleres ourensás do Antigo Réxime, foi seguida pola prensa galega, e obxecto de entrevistas xornalísticas e, co auxe das novas tecnoloxías, filmada en vídeos que aínda se poden visualizar en Youtube. A prensa foi especialmente sensible ao seu traballo sobre as mulleres, cualificado como retrato, recompilación e, máis acertadamente, estudo[11].

Participou como membro do xurado para o Premio Nacional de Narrativa, entre outros, para o do 2001, convocado polo Ministerio de Cultura e concedido ese ano, por certo a Juan Marsé.[12]

Pola súa banda, recibiu premios e distincións, que motivaron repetidamente o interese nos medio pola súa obra: concesión do lazo da Orde de Alfonso X en 1969; a Medalla de prata de Galicia en 2000; a Medalla Castelao, no 2006, entregada polo Presidente Touriño, revalorizada en relación a edicións anteriores, ao reducirse a tres as personalidades honradas con ela, e ocasión en que se reiterou o seu currículo[13]. E sobre todo tivo eco o Premio Trasalba, entendido como unha festa da “galeguidade”, recibido en 2008, ocasión de encomios, entre outros dos seus colegas académicos, e en bastantes casos, tamén de divertidas confusións sobre a súa profesión, non infrecuente en certos ámbitos, citándoa como arquiveira, bibliotecaria ou documentalista, ben é certo que a súa actividade en todos estes campos poderían xustificar estes asertos[14].

Sinalemos, entre as homenaxes recibidas, os efectuados polo Grupo de Traballo de “Arquiveiros de Galicia”, de carácter especificamente arquivístico; o realizado pola Fundación Otero Pedrayo,  máis académico; e máis recentemente, o que lle dedicou a revista A Fundación, polos seus colaboradores e amigos antropólogos, arqueólogos e museólogos.

A primeira[15], que declaraba no título o seu carácter de homenaxe, incluía achegas de Vicenta Cortés, sobre o labor da homenaxeada no AHP de Ourense, e a xa mencionada bio-bibliografía de Pedro López, ademais doutras de interese sobre temas que foron tratados no seu día por Olga Gallego, sobre unidades documentais, a reorganización de arquivos, a descrición do catastro de Ensenada, a xestión da información catastral, o acceso á información arquivística e os datos persoais,  a contribución de culto e clero, ou a profesión de arquiveiro, que non apuntamos por non tratar directamente sobre a súa obra[16].

A segunda, tamén unha homenaxe en vida, publicado co suxestivo título de O tecido dá historia[17], estaba relacionado co premio Trasalba que se lle concedeu no ano 2008. Ademais da “Laudatio” xustificativa do premio, incluía numerosas pequenas achegas de responsables de institucións académicas, fundacións, arquivos, bibliotecas, como o Grupo de investigación “Marcelo Macías”, a Fundación Penzol, o Grupo de Traballo “Arquiveiros de Galicia”, ou a Academia Galega, cos que Olga Gallego mantivo estreitas relacións, pola súa pertenza aos mesmos, ou polo seu traballo colaborativo, ou simplemente por relacións onde o profesional e a amizade entrecruzábanse[18]. Artigos en que se glosaban as súas achegas ao coñecemento da fidalguía e o padroado artístico, á historia da cidade de Ourense, da que se considera referente, á historia, os arquivos e a arquivística en xeral, e aos arquivos familiares e ao catastro de Ensenada en particular. Destacábase a súa condición feminina e en minoría nas devanditas institucións, e se cualificaba como intelixente, laboriosa, boa e xenerosa.

A terceira homenaxe, póstuma e inmediata ao seu falecemento, tivo como medio de expresión a revista A fundación, voceiro da Asociación do Museo Etnológico e do conxunto histórico da cidade de Ribadavia[19], con artigos en que se lembraba a súa vinculación coa propia Ribadavia, o museo etnológico desta cidade, a presenza da comarca do Ribeiro na súa obra, e o seu carácter de historiadora e arquiveira que tan ben coñecían.[20]

Ao seu falecemento, en 2010, numerosos artigos de autor, de xornalistas e curiosamente de médicos tamén, apareceron en revistas e nos principais diarios de ámbito galego[21], e noutros cuxa relación sería longo apuntar,  mesmo latinoamericanos[22], destacando os premios recibidos e a súa vinculación coa cultura, os arquivos e a investigación histórica, especialmente sobre Ourense, e a súa condición de exdirectora do Arquivo Histórico Provincial desta cidade. Notas necrológicas viron a luz en diarios[23] e blogues particulares ou de institucións ou asociacións galegas ás que pertenceu[24], con informacións  variadas sobre a súa traxectoria, traballos e méritos unanimemente destacados, que nalgúns casos fixéronse extensibles aos  seus irmáns Manuel, Luís e Pilar[25]. Xa no 2011, a folla Fronda, do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, tamén lle consagrou o seu número 36, lembrando a súa achega á historia das mulleres; mentres que Prieto Ramos lembraba a súa colaboración na elaboración do censo guía de arquivos familiares da provincia de Ourense[26];

Precisamente, o consenso sobre os seus méritos moveu á Asociación Profesional Anabad Galicia (hoxe BAMAD), a solicitar ás administracións propietarias e xestoras do reiteradamente citado Arquivo Histórico Provincial de Ourense, - onde ela desempeñou a súa actividade funcionarial máis duradeira - que se incorporase o seu nome ao do centro, como un recoñecemento ao seu labor, solicitando ao mesmo tempo o apoio ás institucións, xa mencionadas, coas que tivo relación. Froito daquel movemento foron algúns artigos, en que se apoiaba dita petición, baseada en evidencias e non en opinións[27].

E é precisamente este consenso o que motivou a continuación das homenaxes póstumas, como as “Xornadas” na súa memoria, convocadas polo Consello da Cultura Galega no 2011, aínda cando o seu presidente, Ramón Villares, afirmase que a intención das mesmas era máis a de difundir a súa obra que homenaxear á súa persoa. A sesión científica contou co relatorio de Pedro López “Olga Galego: paixón polos arquivos”, de carácter biográfico e valorativo, e os “velorios”  de antigos alumnos e compañeiros: Torreiro Rodríguez, Suárez Rodríguez, Quiroga Barro e Pereira Oliveira, intervencións sobre o seu impacto na arquivística galega e sobre algunhas das cuestións fundamentais que se manifestan de modo recorrente: a profesión, os grupos de traballo e o sistema arquivístico galego, intervencións que foron rexistradas en vídeo, como así mesmo o foi a “sesión de memoria”, con participación de Olimpia López Rodríguez, Mar García Miraz, Francisco Fariña Busto, Yolanda Barriocanal López, e Mercedes Durany Castrillo.[28]

Pola súa banda, a Universidade de Vigo, dedicou á súa memoria un de tres dos seus pavillóns universitarios, do Campus de Ourense, que pasou a levar o seu nome, cunha emotiva lápida informativa[29].

Sen dúbida a opinión dos seus numerosos alumnos, compañeiros e colaboradores, plasmada en letra impresa, en textos electrónicos, ou no mundo do audiovisual,  contribuirá a difundir a idea que todos compartimos acerca da súa valiosa contribución á arquivística española e á historia de Galicia. 

 

[1] MARTÍNEZ TAMUXE, Xoán. “Gallego Domínguez, Olga”. Gran Enciclopledia Galega. Gijón: Silverio Cañada, D.L. 1974, t. XV, Galegu-Gel, p. 100 (con foto).- Galego Info: http://galegos.galiciadigital.com/es/olga-gallego-dominguez (Consulta  9 xaneiro 2015).-               “Olga Gallego”. Galipedia, a Wikipedia en Galego: http://gl.wikipedia.org/wiki/Olga_Gallego (18 xaneiro 2015).- “Olga Gallego”.  Wikipedia. La enciclopedia libre: http://es.wikipedia.org/wiki/Olga_Gallego (Consulta 9 xaneiro 2015).- Real Academia Galega. Membros da Academia. Plenario. http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=showAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_selLetter=G&_ManageChairs_WAR_ragportal_id=361 (Consulta: 9 xaneiro 2015)

[2] “Gallego Domínguez, Olga”. En: FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco. Diccionario de escritores en língua galega. 2ª ed. corre. e aum.  Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1990, pp. 163-164.- MARCO, Aurora.: “Gallego Domínguez, Olga”, en Dicionario de Mulleres Galegas. Das orixes a 1975, Vigo, Promocións Culturais Galegas, 2007, p. 180

[3] CRUZ HERRANZ, Luis Miguel de la. Bibliografía archivística española [recurso electrónico]: (1962-2000), autor Luis Miguel de la Cruz Herranz; software, Micronet. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Subdirección General de Información y Publicaciones, D.L. 2000, 1 disco (CD-ROM).- CRUZ HERRANZ, Luis Miguel de la Cruz. Los Archivos Históricos Provinciales. Bibliografía conmemorativa de su 75 aniversario. Madrid: Ediciones Bornova, 2010.-  CERDÁ DÍAZ, Julio. Archivos municipales españoles. Guía bibliográfica. Gijón: Trea, 1999.

[4] LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego Domínguez: Una bio-bibliografía provisional”. Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe / Coordinación: Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia. S.l. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia, 2006 (D.L. 2005), 231 p., p. 9-47. Texto completo en Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres. Olga Gallego Domínguez, 2011: http://www.culturagalega.org/album/docs/232_3sob.pdf (Consulta: 1 febreiro 2015)

[5] LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego Domínguez: indicadores de calidad de su producción científica, lista de publicaciones y aportaciones a congresos”, Consello da Cultura Galega. Álbum de mulleres, Cartografías, 2011: http://www.culturagalega.org/album/docs/232_9sob.pdf (Consulta: 1 febrero 2015) Y también en Yumpu: https://www.yumpu.com/es/document/view/16483868/olga-gallego-dominguez-indicadores-de-culturagalegaorg/3 (Consulta 1 febreiro 2015)

[6] FARIÑA BUSTO, Francisco. “Olga Gallego Domínguez: biografía”. Boletín Avriense, t. 41-42 (2011-2012) 11-20;  SIERRA RODRÍGUEZ, María José. “Olga Gallego Domínguez: bibliografía”. Boletín Avriense, t. 41-42 (2011-2012) 21-40.

[7] Varias aportacións suás apareceron, tras o seu pasamento, en: Patrimonio Cultural da Alta Limia. Discurso Histórico e Ordenación do Territorio / Xulio Rodríguez González, de. Coruña: Xunta de Galicia,     Fundación Barrié, 2013.

[8] Consello da Cultura. Galega. Álbum de Mulleres. “Olga Gallego Domínguez”: http://www.culturagalega.org/album/cartografias.php. (Consulta: 1 febreiro 2015)

[9] CAÑO, X.M. Del. “Olga Gallego Domínguez. Ex arquiveira, membro da Real Academia Galega: "Ourense tiña unha cerca formada en parte polas traseiras das casas" Faro de Vigo.es. Ourense (s.d.): http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2008/05/18/olga-gallego-dominguez-ex-arquiveira-membro-da-real-academia-galega-ourense-tina-unha-cerca--formada-parte-polas-traseiras-das-casas/226049.html (Consulta: 18 xaneiro 2015).- PEREIRO, Xosé Manuel. “Olga Gallego Domínguez. La primera mujer que accede a la Real Academia Gallega”. El Pais  (4/12/1986): http://elpais.com/diario/1986/12/04/ultima/534034807_850215.html (Consulta 18 xaneiro  2015).- Real Academia Galega. Académicos Numerarios da Real Academia Galega: “Olga GallegoDomínguez”: http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=361&card=ACA_CARD&day=7&month=8&year=2005&from=COMP&startIndex=1&count=10   (Consulta 15 agosto 2011). Con biografía, discurso de ingreso e fotografía.

[10] Entrevista a Olga Gallego Domínguez na presentación do seu libro Os Quiroga. Señores dos coutos de Montefurado e do Pazo de Viloira:

http://www.youtube.com/watch?v=W_CZ_wfEyJY&feature=player_embedded#at=83. Subido por laregionvaldeorras el 18/09/2008.- “Olga Gallego presentó un libro sobre la familia Quiroga”. La Región. Edición digital. Ourense, (15/08/2010).

http://www.laregion.es/noticia/69244/CasaGrande/Viloira/OBarco/InstitutodeEstudiosValdeorreses/ (15/08/2011, non operativo en 1 febreiro 2015). Presentado nun acto organizado polo Instituto de Estudios Valdeorrenses, xunto có Director do Museo Arqueolóxico de Ourense. Acompaña un vídeo cunha entrevista a Olga Gallego.

[11] MÉNDEZ FERRÍN, X.L. “En minoría I: Olga Gallego”. Faro de Vigo (viernes, 2/05/2008).- “Olga Gallego retrata a las mujeres de Ourense”. El Correo Gallego (sábado, 7/06/2008) Cultura, 68.- “Pioneras de hace cuatro siglos”. El País. Galicia (sábado, 7/06/2008).- “Presentación Libro Olga Gallego”. Youtube. Com. Subido por Telemiño (6/06/2008. Imaxes da presentación libro Historia da muller. Mulleres ourensás dos séculos XIV-XVIII en Telemiño (6/06/2008)

http://www.youtube.com/watch?v=moPEH5w_WYA (19/08/2011). Vídeo (Consulta: 1 febrero 2015).- “Un libro de Olga Gallego recopila historias de la mujer orensana entre el XIV y el XVII”. La Región (sábado, 7/06/2008).-  “Un estudio refleja el estilo de vida de las ourensanas del siglo XIV al XVIII. La  académica Olga Gallego presentó un libro que contribuye a enriquecer la historia de la mujer en Galicia”. La Voz de Galicia (7/06/2008)

[12] “Juan Marsé gana el Premio Nacional de Narrativa con 'Rabos de Lagartija'”. El Pais.com. (9/10/2001): http://www.elpais.com/articulo/cultura/Juan/Marse/gana/Premio/Nacional/Narrativa/Rabos/Lagartija/elpeputec/20011009elpepucul_1/Tes (Consulta: 21 xaneiro 2015)

[13] “Avelino Pousa Antelo, Olga gallego y Ángel Carracedo, distinguidos con la Medalla Castelao 2006”. Galicia Dixital. Portal de Galicia: http:www.galiciadigital.com/noticia.2127.php .-  “Carracedo, Olga Gallego y Pousa Antelo reciben la Medalla Castelao 2006”. Elcorreogallego.es (23/6/20006): http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=57960 (Sobre o acordo do Consello da Xunta) (Consulta 20 xaneiro 2015).- “Pérez Touriño empraza ás forzas políticas a conseguir un Estatuto de todos e para todos, froito do diálogo aberto e franco e do máis amplo consenso político e social”. Galicia Dixital.O Portal de Galicia, (28/6/2006): http://www.galiciadigital.com/nota.3613.php  (narra a entrega das Medallas Castelao 2006 e inclúe os currícula dos premiados (Consulta: 1 febreiro 2015).- “Premios y distinciones. Medallas de Galicia. Año 2000. Olga Gallego Domínguez”: http://www.institucions.info/Instituciones/xunta/premios_distinciones/medallas_galicia.html (Consulta: 17 agosto 2011; non operativo en 18 xaneiro 2015).- “O presidente da Xunta presidiu en Santiago o acto de imposición das Medallas Castelao 2006”. Galicia Dixital. O Portal de Galicia (28/06/2006): http://www.galiciadigital.com/nota.3613.php (non operativo en 1 febreiro 2015).- “A Xunta premia a Pousa Antelo coa Medalla Castelao, xunto con Anxo Carracedo e Olga Gallego”. Vieiros (23/06/2006): http://vello.vieiros.com/nova.php?ED=1&id=50884 (Consulta: 1 febrero 2015).- “La Xunta premia con las medallas Castelao a Ángel Carracedo, Olga Gallego y Pousa Antelo”. Faro de Vigo (23/06/2006).- “La Xunta reduce a tres las medallas Castelao para “recuperar o seu prextixio”. As distincións serán entregadas a Ángel Carracedo, Olga Gallego y Pousa Antelo”. La Voz de Galicia (23/06/2006).

[14] “A arquiveira Olga Gallego recibirá maña o Premio Trasalba”. Nova Xove. Com. 28 junio 2008: http://novaxove.com/2008/06/28/a-arquiveira-olga-gallego-recibira-mana-o-premio-trasalba/  (16/08/2011 non operativo en 1 febreiro 2015).-  “A bibliotecaria e documentalista Olga Gallego, Premio Trasalba 2008”. Xornal de Galicia. Com. (29/04/2008): http://www.xornal.com/artigo/2008/04/29/sociedad/a-bibliotecaria-e-documentalista-olga-gallego-premio-trasalba-2008/2008042914262600000.html (Consulta: 16/08/2011, no operativo en 1 febrero 2015).-“A bibliotecaria ourensá (sic), Olga Gallego Premio Trasalba”. Vieiros.  (18/04/2008).

http://www.vieiros.com/nova/66212/a-bibliotecaria-ourensa-olga-gallego-premio-trasalba. (Consulta: no operativo en 1 febrero 2015).- “La bibliotecaria y académica Olga Gallego obtuvo el Premio Trasalba”. La Voz de Galicia (30/06/2008).- HUETE, Cristina. “Fiesta por la galleguidad positiva. La Fundación Otero Pedrayo entrega el Trasalba a la archivera Olga Gallego”. El País, lunes 30 junio 2008. (Con dos fotos).- “Olga Gallego Premio Trasalba”. Youtube. Com. Subido por Telemiño (29/04/2008). Premio Trasalva en Telemiño:

http://www.youtube.com/watch?v=MrIvUf3_HrQ&NR=1 Vídeo. (Consulta 1 febrero 2015).- “Olga Gallego recolle o domingo o premio Trasalba”. Anosaterra.Diario, (26 xunio 2008): http://www.anosaterra.org/index.php?p=buscar&tag=premio+trasalba (Consulta: 15 agosto 2011, non operativo en 1 febreiro 2015). Reproducción de la portada del libro O Tecido da Historia.- POZO GARZA, Luz. “Olga Gallego: Premio Trasalba 2008”. La Voz de Galicia (sábado, 12/06/2008). Suplemento Culturas. Otras Voces.- “Premio a la guardiana de la memoria. La académica e arquiveira Olga Gallego recibiu onte o Premio Trasalba”. El Faro de Vigo (lunes, 30/06/2008).-

[15] Olga Gallego, arquiveira: unha homenaxe / Coordinación: Grupo de Traballo de Arquiveiros de Galicia. S.l. [Santiago de Compostela]: Xunta de Galicia, 2006 (D.L. 2005), 231 p. + 1 separata 15 p. Texto completo en Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres. Olga Gallego Domínguez, 2011: http://www.culturagalega.org/album/docs/232_3sob.pdf (Consulta: 1 febreiro 2015).

[16] CORTÉS ALONSO, Vicenta. “El Archivo Histórico Provincial de Ourense: labor de Olga Gallego”, pp. 49-60.- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego Domínguez: Una bio-bibliografía provisional”. p. 9-47.

[17] Olga Gallego Domínguez : o tecido da historia / edición, Pablo Sánchez Ferro.  Trasalba [Ourense] : Fundación Otero Pedrayo, D.L. 2008, 93 p. Texto completo: http://fundacionoteropedrayo.org/wp-content/uploads/2012/02/Olga-Gallego_Rutherford-1.6-Corrix.pdf (Consulta: 19 xaneiro 2015).

[18] BARREIRO FERNÁNDEZ, .Xosé Ramón. “Para Olga Gallego”, p. 64. - BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda.“Estudos sobre fidalguía e padroádego artístico na obra de Olga Gallego Domínguez “, pp. 65-66.- BLANCO, Isabel. “Verbas de homenaxe a Olga Gallego”, pp. 66-68.- FARIÑA BUSTO, Francisco. “Un referente na historia da cidade de Ourense”, pp. 68-69.- FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco. “Arquiveira intelixente e laboriosa”, pp. 70-71.- JUANA, Jesús de. “Carta a Olga Gallego”, pp. 72-73.- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Arquivos, Arquivística e Historia na vida profesional de Olga Gallego”, pp. 73-75.- MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís. “En minoría I: Olga Gallego”, pp. 75-76.- PEREIRA OLIVEIRA, María Dolores. “Olga Gallego Domínguez e o Catastro de la Ensenada”, pp. 76-77.- QUIROGA BARRO, Gabriel. “Olga Gallego e os arquivos familiares”, pp. 78-79.- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Xulio. “Olga Gallego Domínguez e o grupo Marcelo Macías”, pp. 79-80.-  SÁNCHEZ FERRO, Pablo. “Entrevista a Olga Gallego Domínguez”, pp. 23-26.- SÁNCHEZ FERRO, Pablo. “Laudatio de Olga Gallego Domínguez: Premio Trasalba 2008”, pp. 59-61.- VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, Alfonso. “Olga Gallego, boa e xenerosa”, pp. 81-82.- ZULUETA DE HAZ, Alfonso. “Olga Gallego e a Fundación Penzol “, pp.  83-84

[19] A Fundación. Revista oficial da Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia, n. 19 (xullo-decembro 2010). [Adicado a dona Olga Gallego Domínguez. In memoriam].

[20] Artigos de: FARIÑA BUSTO, Francisco. “Olga Gallego Domínuez, historiadora e arquiveira”, p. 6.- LIRA POUSA, Lolín. “Olga Gallego e Ribadavia”, pp. 4-5.- SÁNCHEZ FERRO, Pablo: “A arquiveira Olga Gallego Domínguez”, p. 3.- SIERRA RODRÍGUEZ, Xosé Carlos. “Olga Gallego, lembranza dende o Museo Etnolóxico”, p. 2.- SOBRADO, Xosé Luis. “O Ribeiro na obra de Olga Gallego”, p. 7-8

[21] FARIÑA BUSTO, Francisco. “Dª Olga Gallego Domínguez, historiadora e arquiveira”. La Región (7/9/2010).- HERNÁNDEZ, Imanol. “La cultura gallega despide en Santa Eufemia a Olga Gallego“. La Región. Edición digital. Ourense (6/09/2010):

http://www.laregion.es/noticia/131419/historiadora/gallego/muere/ourense/ (Consulta: 15/08/2011 no operativo en 1 febrero 2015).-  HERNÁNDEZ, Imanol. “La historiadora Olga Gallego muere a los 87 años en Ourense”. La Región. Ourense, 5 septiembre 2010, p. 7 (con fotos). - LIMIA DE GARDÓN, Xabier. “Hablar de Olga Gallego”. La Región. Ourense, 5 septiembre 2010, p. 7.- MÉNDEZ APARICIO, Julia. “Ha muerto una mujer excepcional”. La Región  (24/9/2010).-          NOGUEIRA, María Xesús. “O silencio da arquiveira”. El Progreso (11/9/2010).-Fonte: http://elprogreso.galiciae.com/nova/62175.html?lang=gl  (Consulta: 18 xaneiro 2015).-               NÓVOA, Rubén. “Adiós a la archivera de Ourense”. La Voz de Galicia, (5 septiembre 2010), p. L3 (con fotografías: Medalla Castelao, Premio Trasalba, Medalla de Galicia, Homenaje Anabad Galicia, Feria del Libro). E tamén en: La Voz de Galicia. es. Crónica. Ourense. http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/09/05/0003_8707910.htm (Consulta 18 enero 2015).-  “Olga Gallego Domínguez: historias e historia de Ourense”. SISO-saúde. Boletín da Asociación Galega de Saúde Mental, n. 50 (inv. 2010) 517-519.-  SÁNCHEZ FERRO, Pablo. “Olga Gallego Domínguez”. Ourense Siglo XXI, n. 22 (2011) 78-79.- SELINA. “Dona Olga Gallego Domínguez”. Os Cómaros Celestes (miércoles, 11/03/2009):  http://oscmaroscelestes.blogspot.com/2009/03/dona-olga-gallego-dominguez.html : Foto de Miguel Villar (Consulta: 21 enero 2015).- SIMÓN, David. “Olga Gallego Domínguez: historias e Historia de Orense”. Diario de un médico de guardia, (8/9/2010: http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2010/09/olga-gallego-dominguez-historias-e.html (Consulta: 18 xaneiro 2015).

[22] Alerta Archivística n, 97: “Fallece la archivera española Olga Gallego”. Pontificia Universidad Católica del Perú. Lima, n 97 (1 octubre 2010): http://issuu.com/archivopucp/docs/alerta_archivistica_97

(Consulta: 1 febreiro 2015). Nota necrológica.

[23] “Falece aos 87 anos a historiadora ourensana e académica Olga Gallego”. Laopinioncoruña.es (6/9/2010):http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/09/06/falece-aos-87-anos-historiadora ourensana-e-academica-olga-gallego/417180.html  (Consulta: 18 xaneiro 2015).- “Falece Olga Gallego, exdirectora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e membro da Real Academia Galega” La Voz de Galicia. Ourense. (5/09/2010).- “Enterrada en San Francisco la ex directora del Arquivo Histórico de Ourense, Olga Gallego”. La Voz de Galicia, 6 septiembre 2010, sin p. (con foto).- “Olga Gallego Domínguez”. Galegos. Galicia Dixital (4/09/2010): http://www.galegos.info/olga-gallego-dominguez  (Consulta: 23 xaneiro 2015).

[24] Anabad Galicia. “Olga Gallego Domínguez”. Blog de Anabad Galicia.  6/09/2010: http://anabad.blogsome.com/2010/09/06/olga-gallego-dominguez/  (15/08/2011). Nota necrolóxica, por Alba.- “Faleceu Olga Gallego”. Blog da Editorial Galaxia: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=7613. (Consulta: 1 febreiro 2015.- “Fallece Olga Gallego Domínguez”. La Niña del Exorcista, 5, septiembre 2010: http://laninhadelexorcista.blogspot.com/2010/09/fallece-olga-gallego-dominguez.html (18 enero 2015).- Enlaza có vídeo de presentación do libro sobre Os Quiroga señores dos coutos de Montefurado e do pazo de Viloira en la Casa Grande de Viloira. Valdeorras.- “Pasamento de Olga Gallego”. Grial: revista galega de cultura, t. 48, n. 187 (xullo-set. 2010) 9-10.- Real Academia Galega. “Pasamento de Olga Gallego Domínguez, Académica Numeraria da RAG”. http://www.realacademiagalega.org/notebook/FindNote.do?noteIdentifier=116&startIndex=1&count=100 (15/08/2011, non operativo en 1 febrero 2015).

[25] BANDE, Ana. “Os Gallego Domínguez de Ourense”. Blog de Ana Bande,  (9/05/2007): http://anabande.blogspot.com/2007/05/os-gallego-domnguez-de-ourense.html  . Foto de Olga Gallego. (21 enero 2015).- SALGADO, R. A. “A familia Gallego Domínguez” Ourense no tempo. Imaxes. Lembranzas, (24/11/2010): http://ourensenotempo.blogspot.com/2010/11/familia-gallego-dominguez.html (21 enero 2015).

[26] Fronda. Volandera del Archivo Histórico Provincial de Ourense, año 6, n. 36 (septiembre octubre 2011), en que se documenta la muerte de Bárbara de Carranza, en 1570, a partir de un documento notarial exhumado por Olga Gallego en su Historia de las mujeres.- PRIETO RAMOS, Mª del Carmen. “Olga Gallego e os arquivos privados: o censo guia de arquivos familiares de pazos da provincia de Ourense”. Boletín Avriense, n. 43 (2013) 57-83.

[27] LÓPEZ GÓMEZ, Pedro:  “Olga Gallego. Referencia ética. El Archivo Histórico Provincial de Ourense debe llevar su nombre por las aportaciones que ha realizado”. Farodevigo.es. Portada de Ourense (28 noviembre 2010): http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/11/28/olga-gallego-referencia-etica/495404.html. (Consulta 18 xaneiro 2015).- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego, una inolvidable referencia ética y profesional”. La Voz de Galicia. Ourense (s.d.: 2010) p. L10.- Y también La Voz de Galicia. Es (23/10/2010): http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/10/23/0003_8801682.htm (Consulta 18 xaneiro 2015).- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Perfiles, modelos y género en Olga Gallego”. Boletín ANABAD, LXI, 2, (abril-junio 2011) 13-17. Texto completo en Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres. Olga Gallego Domínguez, 2011:http://www.culturagalega.org/album/docs/232_7sob.pdf (Consulta: 1 febreiro 2015).- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Sobre perfís e modelos profesionais: tributo a Olga Gallego Domínguez”. Boletín Anabad-Galicia, n. 5 (2010) 2-3. Edición digital:  http://www.anabad.org/admin/archivo/docdow.php?id=704 (Consulta 18 xaneiro 2015).  Y también: http://anabadgalicia.files.wordpress.com/2011/06/05boletinanabad.pdf (Consulta 21 xaneiro 2015.- LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. “Olga Gallego : unha referencia ética e profesional “. Boletín da Real Academia Galega, n. 372 (2011) pp. 385-387.

[28] Xornadas “Mulleres e Historia. Olga Gallego Domínguez” (Santiago de Compostela, 27 outubro 2011), organizadas polo Consello da Cultura Galega e a súa Comisión de Igualdade, e maila Universidade de Santiago de Compostela, e coordinadas por Carmen Pérez País e Concepción Varela Orol.  Os relatorios corresponderon a: TORREIRO RODRÍGUEZ, Iria. “Arquiveiras no camiño”;  SUÁREZ RODRÍGUEZ, María de la O. “Mesa de traballo de arquivos de la Administración local. Máis de vinte anos de colaboración;  QUIROGA BARRO, Gabriel. “O Arquivo de Galicia e o sistema de arquivos da Comunidade Autónoma”;  PEREIRA OLIVEIRA, María Dolores. “Dona Olga Gallego Domínguez, arquiveira: a permanencia do seu legado no mundo profesional”. http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=648 (Consulta: 24 xaneiro 2015).- “Xornadas sobre Olga Gallego no Consello da Cultura Galega”. Editorial Galaxia. Blog (outubro 2011). http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=12636 (Consulta 24 xaneiro 2015)

[29] “Homenaxe a Olga Gallego na Universidade”. Anabad Galicia (23/07/2012): http://www.anabadgalicia.net/ (Consulta 24 enero 2015).- TENDÍN, Rosa. “Os tres pavillóns universitarios pasan a levas os seus nomes. Concepción Ramón Amat, Olga Gallego e Manuel Martínez xa teñen o seu sitio no campus”. Diario da Universidade de Vigo (19 xullo 2012). http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6287&Itemid=10 (Consulta: 24 xaneiro 2015).