facebooktwittertwitter
patrimonio_documental

A través deste formulario poderá achegar información sobre arquivos e documentos do patrimonio documental de Galicia que se considere relevante para mellorar o seu coñecemento, conservación e acceso. Poden tratarse, ben de exemplos salientables de mellora nalgún factor que incida en calquera destes aspectos, ben, e pola contra, de casos que constitúan unha chamada de atención á sociedade para revertelos.

Aínda que só é obrigatorio encher as ventás do título do ben que se describe e do nome e correo electrónico da persoa propoñente, cantos máis datos (e máis rigorosos) se acheguen para a súa identificación, máis probabilidades haberá de que sexa publicado. Neste sentido, é moi recomendable incorporar algunha imaxe representativa do ben ou da contorna onde se localiza.

Prégase que a información que se recolla estea ben contrastada.

A Fundación Olga Gallego analizará a información recibida e decidirá se é merecente, baixo o seu criterio, de ser publicada.

*Campo obrigatorio
*Campo obrigatorio